Friday 03 de May de 2024

Inés Rey comprométese coa mellora dos accesos ao Club do Mar


Os traballos para a urbanización da contorna comezarán no primeiro trimestre do ano 2022

A alcaldesa, Inés Rey mantivo este luns unha reunión de traballo coa directiva do Club do Mar para coñecer de primeira man as súas necesidades e comprometeuse a impulsar o proxecto para a mellora do entorno e dos accesos ao club.

As obras de remodelación da urbanización da contorna comezarán no primeiro trimestre de 2022 e o proxecto de accesibilidade, no que xa traballa o goberno local, permitiría mellorar os accesos ao Club do Mar e a propia praia de San Amaro.

O Club do Mar, presente na cidade desde 1935, conta na actualidade con 3.000 socios.​​ Nas súas instalacións foméntase a práctica de actividades deportivas como o submarinismo, a pesca, o tenis de mesa, o bádminton e o fútbol sala.